saludo

 
hola

miércoles, 25 de noviembre de 2015

MERCADO TRAVESAS

Visitamos o mercado das Travesas .Aprendemos moitas cousas, tantas que xa podemos ir facer a compra...carnicerías, peixerías, froiterías...Portámonos tan ben que ata nos invitaron a tomar un zume e a xogar , pintar...e regaláronnos unha libreta e un lapis.

domingo, 15 de noviembre de 2015

FESTAS DO OUTONO

Como xa sabedes no cole celebramos o samaín e o outono.Fixemos moitos debuxos e decoramos as aulas, corredores...., aprendemos cancións e conseguimos superar moitos medos. Visitáronnos dúas bruxiñas pero...."das boas" que nos invitaron a caramelos.Degustamos nas merendas alimentos típicas destas datas. Moitas grazas as familias pola vosa axuda para que todo esto fose posible.

domingo, 25 de octubre de 2015

O CORPO

Comezamos este trimestre  como sabedes co proxecto do corpo .Moitas grazas pola vosa colaboración aportando diversos materiais para compartir nas aulas.Desde aquí tamén aportamos xogos relacionados con este tema para que os nenos-as podan afianzar todo o traballado a través das novas tecnoloxías e de forma lúdica .

XOGAMOS CO CORPO






jueves, 11 de junio de 2015

ALAZÁN

Por fin chegou o  tan ansiado día .....Como broche final de curso fomos ao centro hípico Alazán , alí disfrutamos moito cos cabalos xa que pudemos velos , acaricialos..... e ata ser xinetes por un intre

lunes, 27 de abril de 2015

DIA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro os cativos-as de 4º E.I. fixemos un "GRAN DOCE LITERARIO" . Cada neno-a fixo un debuxo con moito agarimo e ilusión que logo compartimos cos compas do outro grupo . .

domingo, 18 de enero de 2015

CHEGOU O INVERNO
Aqui vos deixo  xogos  para que podades divertirvos facendo monecos de neve  sen saír da casa nin pasar frio.
 moneco de neve
                                                              Moneco de neve